Site icon Crónica3.com A Mariña

Armada asegura que o maior perigo da praza dos Campos é o grupo socialista

Cervo, 8 de novembro de 2013-A edil de Obras, Pilar Armada, asegurou hoxe que “o maior perigo da praza dos Campos é o grupo municipal socialista”. Con estas palabras a delegada de Obras responde ás críticas do PSOE sobre o estado deste espazo de San Ciprián. Armada considera que “resulta curioso que os socialistas falen da praza dos Campos cando eles sempre se opuxeron a ela”. “A pesar dos múltiples intentos do PSOE por impedir a praza, afortunadamente construímola, e converteuse nun punto de reunión e encontro en San Ciprián” manifesta.

A edil engade que hai unhas semanas o alcalde e ela mesma mantiveron unha xuntanza con pais e nais, que lles trasladaron a súa petición de mellorar a praza, e o goberno local comprometeuse a realizar os traballos necesarios. “Hai tempo que comezamos a traballar neste asunto” explica a edil, que ao mesmo tempo lamenta que “nestes anos os socialistas demostráronnos que neles é nos que menos podemos confiar”.

Exit mobile version