Site icon Crónica3.com A Mariña

As antigas vivendas dos profesores do instituto de Ribadeo deixarán de presentar un estado lamentable gracias á insistencia do PP

Ribadeo, 22 de novembro de 2013. O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, mostrou este venres a súa satisfacción e ledicia tras comprobar como as chamadas vivendas dos profesores do instituto están sendo acondicionadas e todo apunta a que deixarán de presentar un estado lamentable.

Lembrou López Penabad que estas infraestruturas e o seu entorno estaban cubertas por un sin fin de maleza e cos cristais rotos, polo que, ademais de presentar un contexto tétrico e moi desagradable á vista, incitaban aos drogodependentes a apoderarse das mesmas e dando así lugar a unha situación perigosa.

Subliñou o popular, que dende a súa agrupación local denunciaron por activa e por pasiva esta situación e das consecuencias que podía traer consigo de non tomar cartas no asunto.

Concluíu o popular agradecendo ao rexedor que escoitase ao seu partido e aos veciños, que día tras día, fartos da situación, pedían ao rexedor que buscase unha solución inmediata para por fin a ese contexto.

Exit mobile version