Site icon Crónica3.com A Mariña

As Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo participaron na “Ilumina a EON Night Race 2013” de Lugo

Carreira EonDe novo os atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo volveron a ser protagonistas dunha carreira popular, este caso en Lugo en plena Praza Maior. Os resultados máis destacados foron:

Categoría menores de 7 anos masculina:
– Ouro: Brais Díaz Salas
– Prata: Ian Méndez Piñeiro
– Bronce: David Martínez Janeiro.

Categoría menores de 7 anos feminina:
– Prata: Carmen García Vázquez
– Bronce: Diana Lastra Rivas

Categoría menores de 12 anos feminina:
– Ouro: Ainara Rguez. Díaz
– Prata: Ana Vallines Fdez.
– Bronce: Claudia Graña Fdez.

Categoría carreira absoluta:
– Martín Pardiñas (22 da xeral) Marcos Rguez (26) e Jose Diaz (38) entre os 40 primeiros dentro dunha clasificación con máis de 600 participantes.
– Ademáis, destacar o debut en carreira oficial de Paco, Mónica, Emma e Luís.

Noutra orde de cousas, as categorías alevín masculino e feminino así como as benxamín masculino e feminino desprazaremonos a Vigo (Balaídos) o vindeiro sábado dia 9 de novembro para participar na II Liga Escolar Federada que organiza a Federación Galega de Atletismo e que terá continuación o dia 30 en Lugo.

Os atletas seleccionados son os seguintes:
Alevín masculino: Mario Pardo, Nicolás Álvarez, Samuel Debasa, Aleix Diaz, Joel Moirón, Xaquín Sánchez, Hugo Villalba.
Alevín feminino: Hiba Bouyzar, Sara García, Ainhoa López, Mencía Martínez, Ainra Rguez, Aroa Sordo, Ana Vallines, María Vallines.
Benxamín masculino: Brais Diaz, David Martinez, Ian Méndez, Manuel Rguez, Fernando Vallines, Nicolás Rguez.
Benxamín feminino: Valeria Álvarez, Carmen García, Diana Lastra, Jimena Otero, Lara Recalde, María Sánchez.

Máis información en:

Exit mobile version