Site icon Crónica3.com A Mariña

‘As pombas de Carboeiro’, no Pastor Díaz

A Campaña FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüistica chega a Viveiro este sábado 16 de novembro. Teatro Fantoches Baj ofrecera ás 20.30 horas a representación de “As pombas de Carboeiro”. Historias, contos, cantos, lendas e romances… As Pombas de Carboeiro é un metarrelato que conta como un frade trata de convencer coa súa historia a un batallón do exército napoleónico para que os soldados non sacien a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro. O frade, para ilustrar o seu relato, emprega as cartas do Tarot de Marsella coas que os soldados franceses se entretiñan. Con trinta e tres destas cartas ampliadas, a modo de imaxes do kamishibai, relátase o que lles contou o frade aos soldados. Unha mestura da historia medieval con contos, cantos, lendas e romances antigos que ten como protagonistas a Cervela de Bonaval e Octavia.

Exit mobile version