Site icon Crónica3.com A Mariña

As Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía chegan á súa XIII edición

vaso cerámico procedente do castro de zoñán, arredor do s.IV d. CO Alcade Orlando González; o Concelleiro de Cultura, Xusto Fernández e o Arqueólogo municipal, Abel Vigo; presentaron este venres no Concello as XIII edición das Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía que se levarán a cabo os vindeiros 13,14 e 15 de decembro no Salón de Actos da Casa da Xuventude.

Grazas ao Concello e á Área de Cultura da Deputación Provincial a matrícula segue a ser gratuita podándose formalizar a mesma por correo correo ordinario (Praza do Concello, s/n 27740 Mondoñedo); fax (982507421) ou ben por teléfono ao 982 524003.

Quen o desexe pode facer a matrícula por Internet enviando os seus datos ao seguinte enderezo de correo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com sendo este enderezo o que sustitue ao anterior.

Lembrar que o prazo de matrícula remata o venres, día 13, ás 00.00 horas para a matrícula por enderezo electrónico e o día 13, ás 14.00 horas para o correo ordinario.

Este ano continuarase na liña habitual, dibulgativa e de formación, de conferencias e visitas.

Exit mobile version