Site icon Crónica3.com A Mariña

Aurora García Rivas presenta en Mondoñedo o libro “La madriguera”

A escritora asturiana, Aurora García Rivas presentará o xoves 21 de novembro en Mondoñedo a súa última novela “La madriguera”. Nela, a súa protagonista, Teresa, unha pintora de prestixio internacional decide instalarse en Corullón, onde vive en primeira persoa as penalidades dun país inmerso na Guerra Civil. O acto terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero ás 20.00 horas. Unha hora e media antes, a autora estará asinando ejemplares na librería Alvite.

Exit mobile version