Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro lembra ao PSOE de Cervo que desde 2005 non percibe ningunha remuneración ou dieta do Concello

A Mariña, 1 de novembro de 2013.- Jose Manuel Balseiro Orol saíu este venres ao paso para desmentir ao PSOE de Cervo e lembrou que, desde o ano 2005, data na que foi elixido deputado, non percibe ningunha remuneración ou dieta do Concello.

O deputado popular explica que renunciou voluntariamente a calquera percepción municipal e recibe exclusivamente o salario do Parlamento de Galicia, aínda a pesar de que sigue formando parte da Xunta de Goberno Local na súa condición de Tenente de Alcalde, e por lei serían compatibles.

O parlamentario lamenta o pouco rigor do PSOE nas súas acusacións e defende a celebración semanal das Xuntas de Goberno Local, porque permiten axilizar moitos trámites e iniciativas municipais.

Que Lara Méndez tome exemplo
Balseiro entende que o PSOE non está en condicións de dar leccións a ninguén, e empraza á súa voceira e vicepresidenta segunda da Deputación, a seguir o seu exemplo e renunciar a recibir calquera diñeiro do Concello mentres teña percepcións procedentes da Deputación. Hoxe Lara Méndez cobra do Concello e tamén do ente provincial, mentres Balseiro, en condicións similares, cobra exclusivamente do Parlamento de Galicia tras a súa renuncia ás percepcións do Concello de Cervo.

Exit mobile version