Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro reúnese con Beatriz Mato e acordan que o director xeral de Traballo e Economía Social reciba este xoves ao comité de empresa de Sargadelos

Santiago, 27 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro mantivo este mércores un encontro coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no que lle trasladou a situación de crise laboral que afecta á empresa Sargadelos, e coincidiron en que estamos a falar dunha compañía emblemática da cultura, artesanía e patrimonio de Galicia.

Ante a solicitude de entrevista de Balseiro a conselleira confirmou que mañá mesmo, o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá recibirá ao Comité de Empresa de Sargadelos, un encontro que se celebrará con carácter previo á reunión que estes mesmos traballadores teñen previsto manter co conselleiro de Economía e Industria, trala xestión expresa do propio deputado popular.

Balseiro insistiu en que o Goberno galego está a seguir de preto a situación que atravesa Sargadelos, e confía en que todas estas xestións sirvan para articular unha estratexia dirixida a dotar de viabilidade á empresa e ofrecer garantías aos traballadores. Non en van, ata o momento foi a Xunta a única administración pública que apoiou a esta empresa.

Exit mobile version