Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro salienta o apoio da Xunta que achega mais de 356.000 euros a financiar proxectos aprobados polo Grupo de Acción Costeira da Mariña e Ortegal

Santiago, 15 de novembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, quixo salientar o apoio da Xunta de Galicia ofrece coa achega de máis de 356.000 euros para impulsar diversos proxectos aprobados polo Grupo de Acción Costeira na Mariña e Ortegal.

 

CONCELLOS, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Estas importantísimas axudas económicas que hoxe se resolven beneficiarán “a moitos concellos, entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais e turísticas, que tiñan solicitada estas axudas e que comparten un punto común: a súa relación co mundo do mar e da pesca”

Segundo Balseiro Orol estes apoios amosan un compromiso claro do Goberno galego “coa idea de contribuír a mellora de vida das poboacións costeiras comprendidas entre Ribadeo e Valdoviño”. Nesa liña o deputado gabou o esforzo desenvolvido polo departamento que dirixe Rosa Quintana e polos equipos directivos dos distintos Grupos de Acción Costeira “que traballan na liña de seguir sumando esforzos na promoción e difusión dos produtos pesqueiros”.

O parlamentario indicou que sumando o diñeiro de anteriores convocatorias, o GAC-nº1 xa distribuíu case dous millóns de euros na Mariña e Ortegal

Os importes máis salientables son:

Confraría de Pescadores de San Cibrao Ansarón: mellora do sector marisqueiro da Confraría de San Cibrao

11.424,59

Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais Xornadas gastronómicas Acerca2 ó Mar

4.239,12

Concello de Ribadeo Ribadeo: Catedral do Mar

43.824,00

Concello de Foz Festas gastronómicas do Mar de Foz

25.469,60

Ven al Norte, S.L.U. Escola de deportes náuticos da Mariña

150.000,00

Concello de Burela Promoción turística do Barco-Museo Reina del Carmen

6.993,16

Confraría de Pescadores de Celeiro Recuperación, divulgación e posta en valor do remo tradicional na ría de Viveiro

24.470,71

Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo Campaña promocional Mar de Lugo-2ª fase

45.570,00

Confraría de Pescadores de Burela Dinamiza e conserva-fase I

8.365,00

Confraría de Pescadores de Celeiro XVIII xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro

20.571,60

Concello de Xove II festa gastronómica do percebe de Xove

2.730,00

Concello de Cervo Programa de difusión da cultura mariñá

6.209,37

Concello de Viveiro Campaña de promoción do turismo gastronómico dos produtos pesqueiros de Viveiro

6.409,00

Total

356.276,15

Exit mobile version