O Secretario do Parlamento galego, secretario xeral do PP de Lugo e tamén concelleiro no Concello de Cervo, José Manuel Balseiro Orol, excúlpase por non participar na mobilización de Cervo.
“Dado que por motivos de axenda non puiden estar presente na mobilización convocada no día de hoxe en Cervo, quixera facer constar expresamente a miña solidariedade cos traballadores de Sargadelos”, manifesta.