Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro: “España iniciou o camiño da recuperación grazas á axenda reformista de Rajoy”

O presidente do PP de Lugo e voceiro do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, afirmou este venres que “España ha iniciado el camino de la recuperación” grazas á axenda reformista emprendida polo Gobeerno de Mariano Rajoy e ao esforzo de todos os españoles. “Se pidió mucho a los españoles pero fueron capaces de responder y pronto verán recompensado su esfuerzo”, resaltou o portavoz do PP.

Durante a rolda de prensa celebrada esta mañá en Lugo, Barreiro asegurou que os datos económicos actuais, tales coma a reducción do déficit, o freo na destrucción de emprego trala aprobación da reforma laboral, o récord en exportacións ou as boas cifras en turismo, indican que “nuestro país está hoy en día mucho mejor que hace dos años”, cando Rodríguez Zapatero deixou a España “al borde del abismo”.

Ademais, o portavoz do PP no Senado subliñou que se España volveu a ser un exemplo en toda Europa e o seu esforzo é recoñecido por todas as institucións internacionais, foi polas reformas emprendidas polo Goberno popular dende fai dous anos, aínda que recoñeceu que moitas das medidas que se adoptaron foron “duras y difíciles, pero imprescindibles”.

Na súa opinión, nestes dous anos establecéronse as bases para que España volva á senda da recuperación e o crecemento, destacando a “reducción impresionante del déficit público, el saneamiento del sistema financiero, el freno a la destrucción de empleo gracias a la reforma laboral o el plan de pago a proveedores”, que inxectou arredor de 78.000 millóns de euros para pagar as facturas de PEMES e autónomos.

Para o presidente dos populares lucenses o apoio maioritario ao PP nas furnas, así coma os logros conseguidos nestes dous anos ao poñer en marcha o Programa Nacional de Reformas, permitiron que xa non se fale de rescate e que empecen a aparecer sinais de recuperación e crecemento.

Estado de Benestar
Dentro das medidas adoptadas polo Goberno para garantir o mantemento do Estado de Benestar, José Manuel Barreiro referiuse á reforma do sistema público de pensións, que por primeira vez garantirá por lei o incremento do poder adquisitivo das pensións. O Proxecto de Lei de sostibilidade e revalorización do sistema de pensións estase tramitando nestes momentos na Cámara Alta e está prevista a súa aprobación o vindeiro mes de decembro.

Así mesmo, o portavoz do PP recordou todas as políticas postas en marcha polo Ministerio de Sanidade para garantir un sistema sanitario público, gratuíto e universal, ademais de facer fronte ás débedas que arrastraba a sanidade pública.

Tamén fixo fincapé no incremento da partida orzamentaria dedicada á sanidade pública nos Presupuestos Generales del Estado para o ano 2014, que reflexan o esforzo e a aposta do Goberno de Mariano Rajoy por unha sanidade pública de calidade.

Outra das reformas levadas a cabo polo Executivo para consolidar o Estado de Benestar é a Ley educativa, aprobada este xoves no Parlamento, e que garantirá unha ensinanza de calidade para frear a alta taxa de fracaso escolar, así coma maiores posibilidades de futuro para os nosos mozos.

Modernización das administracións públicas
En canto ás reformas emprendidas para a modernización das Administracións Públicas, José Manuel Barreiro destacou, entre outras, a Lei de Estabilidade Orzamentaria, a Lei de Transparencia e a Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local.

Así, explicou que grazas á Lei de Estabilidade Orzamentaria, ningunha Administración Pública poderá gastar máis do que ingrese; a Lei de Transparencia restaurará a confianza dos cidadáns nas institucións e mellorará a calidade da nosa democracia; e a reforma local clarificará as competencias dos concellos, eliminará duplicidades e garantirá os recursos suficientes para ofrecer servizos públicos de calidade.

Exit mobile version