Site icon Crónica3.com A Mariña

Cambio de líder na Liga de Bolos Sub 18 de Xove a favor de Salomé Bermúdez

Tarde moi fria e desapacible en Morás na oitava tirada da Liga de Bolos de Xove que contou cun total de 36 participantes en Morás.

Liga Sénior Masculina
Terceira vitoria do mozo Alex Meitín que lle permite afianzarse na segunda posición con 56 puntos e recortarlle 6 puntos ao líder José Rafael González, que encabeza con 62. Na cabeza puntuaron todos os favoritos menos Francisco Pérez (44 puntos) , que leva duas semanas sen entrar nos puntos, e vé como se lle achegan Sócrates Campo (43 ptos), José Manuel Cociña (41 puntos), etc. En definitiva, moita igualdade na cabeza, sen que as diferencias sexan demasiado significativas. A falta dunha tirada (a vindeira de Sumoas) para rematar coa primeira volta e pasar o ecuador do campionato, temos que decir que a igualdade é predominante nesta edición, sendo inda moitos os xogadore que ata o final do vindiero mes de marzo poden inda aspirar a todo.

Liga Sénior Feminina
Terceira vitoria consecutiva de Belén Meitín e quinta en total, que lle permiten liderar unha semana máis con 40 puntos, ampliando en 10 a súa vantaxe respecto de Dolores Baño, segunda con 30 puntos e que por unha pequena lesión non puido participar nesta tirada. Xa máis alonxadas tres xogadoras, que parecen abocadas a disputarse o terceiro escalón final, ousexa, o terceiro posto: a veterana Salomé Bermúdez con 21 pts. Ocupa polo momento a terceira posición, seguida de Paula Campo con 18 pts. E de Concepción Piñeiro con 13.

Liga Sub 18
Pinchazo do líder, quen só puido ser quinto e, polo tanto, perde o liderato a favor de Salomé Bermúdez. De sorpresa relativa temos que considerar a victoria de Daniel Alonso, xa que se trata dun xogador dun gran porvir, que xunto con Miguel López van dar moito que falar nas vindeiras tempadas. Nesta categoría, si ben hai diferencias entre os cinco primeiros, non son tan considerables como era de esperar, e os tres principais favoritos e xogadore máis veteranos da categoría (Salomé, Daniel López e Isaias) non lle sacan demasiada diferenza aos seus perseguidores, polo que non deben descuidarse.

A vindeira tirada, a 9ª e última da primeira volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SUMOAS, o vindeiro sábado 30 de novembro de 2013.

CAMPIONATO DE BOLOS DO CENTRO SOCIAL DE MORÁS   (23 NOVEMBRO  2013)

36    INSCRITOS:  20 NA LIGA SENIOR,   9   NA LIGA SUB 18   E     7  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                            NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ALEX MEITÍN SERANTES

292

12

SEGUNDO ARTURO VIGO CASABELLA

280

10

TERCEIRO JOSE VIGO LAGE

272

8

CUARTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

270

7

QUINTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

241

6

SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

235

5

SÉTIMO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

230

4

OITAVO LUIS RANCAÑO BOUSO

224

3

NOVENO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

222

2

DÉCIMO JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

218

1

MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA

85

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

157

6

SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

141

4

TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

119

3

CUARTO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

112

2

QUINTO DANIEL LÓPEZ  FERNÁNDEZ

73

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

49

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO BELÉN MEITÍN  ROUCO

170

6

SEGUNDO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

115

4

TERCEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

87

3

CUARTO PAULA CAMPO SUÁREZ

84

2

QUINTO MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ

42

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

55

1

Exit mobile version