Site icon Crónica3.com A Mariña

Certame de poesía infantil de Nadal en Ribadeo

A Biblioteca Pública Municipal “El viejo Pancho” de Ribadeo convoca o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2013” no que poden participar todos os nenos e nenas con poemas sobre o tema xenérico do Nadal. Establécense 3 categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16 anos. Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. O prazo de presentación dos poemas rematará o próximo 18 de decembro de 2013, debendo ser entregados na Biblioteca Pública Municipal. O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2014. Posteriormente, os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial.

Exit mobile version