Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo colabora cunha empresa para remodelar unha zona común na Veiga

Cervo, 16 de novembro de 2013-A edil de Obras, Pilar Armada, informa de que a colaboración entre o Concello e unha empresa construtora fixo posible a remodelación dunha zona común situada na avenida da Veiga de San Cibrao. En concreto trátase dun pequeno espazo situado detrás dun edificio de nova construción que era necesario mellorar en canto a estética e seguridade.

A actuación consistiu no cambio do pavimento da beirarrúa, renovando as losetas, e na colocación dunha varanda para evitar riscos ao tratarse dunha zona cunha certa elevación.

Esta acción realizouse dando resposta a unha petición dos veciños da zona, que reclamaban unha remodelación. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Obras e técnicos municipais achegáronse ata o lugar para comprobar o resultado xunto cos veciños que a solicitaron e puideron constatar “que resultou satisfactoria para todos” remata Armada.

Exit mobile version