Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo exaltará produtos típicos de temporada nos Venres Gastronómicos

Cervo, 21 de novembro de 2013- O Concello de Cervo colabora con cinco establecementos hostaleiros das parroquias de Cervo e Sargadelos na posta en marcha dos Venres Gastronómicos, unha iniciativa a través da cal os locais participantes exaltarán diferentes produtos utilizando a fórmula das tapas. Caseto de Copa, Pousada O Almacén, Río de Oro, Bar O Zoco e Bar de Figuerido son os establecementos nos que se poderán degustar os diferentes pratos, que terán un prezo módico.

Este venres día 22 os cogomelos serán o produto base de cada unha das tapas que prepararán os locais e que se servirán entre as 20:30 e as 23:30 horas. Pero ademais de probar as diferentes especialidades, os clientes poderán participar no sorteo de produtos gastronómicos. Nesta ocasión o sorteo realizarase no Caseto de Copa ás 23:45 horas.

Os Venres Gastronómicos son unha iniciativa dos cinco locais participantes que contan co apoio do Concello de Cervo. A edil de Turismo explica que esta medida “tiene como objetivo dinamizar la hostelería del municipio y apoyar la economía local recurriendo siempre a productos típicos de la zona, de temporada y de calidad”. Una “opción atractiva y apetecible que al mismo tiempo sirve para mostrar las grandes posibilidades de nuestra gastronomía” engade Alonso.

A intención dos establecementos é poñer en marcha estas xornadas de forma periódica, buscando darlle continuidade no tempo. De feito, os cinco locais traballan xa na organización dos seguintes Venres Gastronómicos e na elección dos produtos de temporada aos que se dedicarán.

Exit mobile version