Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo pon en marcha unha campaña de compra conxunta de árbores para favorecer pequenas plantacións domésticas

Cervo, 28 de novembro de 2013- O Concello de Cervo inicia unha campaña de compra conxunta de plantas na que poden participar os veciños do municipio que desexen mercar árbores autóctonas, froiteiras ou ornamentais. Entre as plantas que se poden adquirir inclúense ata 125 especies diferentes.

O obxectivo desta acción que se leva a cabo xunto a unha empresa de venta de plantas é “fomentar la creación de pequeñas plantaciones domésticas ofreciendo facilidades a los vecinos” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso. Ao mesmo tempo, o Concello tamén pretende implicar á cidadanía na recuperación dunha masa forestal de carácter atlántico, dando un paso máis no proxecto de reforestación con plantas autóctonas iniciado polo Concello en terreos públicos de titularidade municipal.

“Queremos extender este propósito a los vecinos de Cervo que estén interesados”, engade Alonso, xa que unha boa parte das árbores que se ofrecen son especies autóctonas. Ademais, esta iniciativa implica que os prezos serán máis asequibles que no caso de compras individuais.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente reuníronse hoxe con representantes da empresa á que se lles farán as encargas. Cabe destacar que as persoas que desexen solicitar plantas poden poñerse en contacto co Concello de Cervo, onde lles facilitarán a folla de pedido e a lista de todas as árbores dispoñibles. É recomendable realizar as peticións durante o mes de decembro xa que está previsto facer as entregas a finais de xaneiro de 2014.

Exit mobile version