Site icon Crónica3.com A Mariña

Clasificación apretada trala sétima tirada da Liga de Bolos de Xove

Tarde moi fría e con moito vento en Vilachá onde se disputou a sétima tirada da Liga de Bolos de Xove nun bolera moi rápida, xa que é a única de cemento das 9 nas que se xoga o campionato.

Liga Sénior Masculina
Victoria do actual campión Arturo Vigo, que lle permite ascender na clasificación, pero aínda moi lonxe do liderado. Este sigue ocupado por José Rafael González con 56 puntos, dez máis que Álex Meitín, que pasa a ocupar a segunda posición en detrimento de Francisco Pérez. Por detrás, un nutrido grupo de xogadores encabezado por José Manuel Cociña e Jaime Álvarez con 37 puntos, Sócrates Campo con 36, ……
Polo tanto, despois de sete tiradas e pasado o primeiro terzo do campionato, podemos falar dunha clasificación moi apretada, con cambios constantes na clasificación, sen que ninguén logre destacarse claramente.

Liga Sénior Feminina
Novo pinchazo da líder Dolores Baño, que perda esa condición en favor de Belén Meitín, quena acada a súa 4ª victoria, segunda consecutiva, nesta Liga, encabezando con 33 puntos, 3 máis que Dolores. Pelexando pola terceira praza, e bastante distanciadas da cabeza, temos á veterana Salomé Bermúdez con 17 puntos e a xove Paula Campo con 16. A una certa distancia Concepción Álvarez con 10, que non consigue consolidar o seu xogo, xogando normalmente moi descentrada.

Liga Sub 18
O que máis nos está gustando desta categoría é a participación, que está prácticamente doblando á da pasada tempada. 11 participantes nesta tirada de Vilachá representa a mellor participación ata o momento.
Cambio no liderato, ocupado agora polo vixente campión Daniel López con 30 puntos e grazas ás dúas victorias consecutivas acadadas na Vara e en Vilachá, amosando un xogo moi sólido, sen fisuras, apuntando xa moi boas maneiras para unha categoría superior, que será a que lle corresponda a vindeira tirada. O máis preocupante de Salomé Cardoso, ademais de perder o liderado, é o pobre xogo que está a desenvolver, xogando sen confianza, o que é extrano nela, xa que se trata dunha xogadora moi competitiva. Aínda así, non nos queda dúbida de que Salomé saberá repoñerse e volverá a mostrarnos ese gran xogo que atesora. Terceira posición para Isaías Cardoso, que é o único dos tres grandes favoritos que aínda non conseguiu o título nesta categoría; Salomé en dúas ocasións e Daniel nunha xa saborearon as meles do trunfo. Así, esta é a última ocasión para Isaías de gañar esta categoría, xa que para tempada vindeira terá que competir na categoría sénior ao cumprir os 18 anos.

A vindeira tirada, a 8ª, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MORÁS, O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE NOVEMBRO DE 2013.

 

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  VILACHÁ  (16 NOVEMBRO  2013)

 35   INSCRITOS: 18  NA LIGA SENIOR,   11   NA LIGA SUB 18   E      6 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                 NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA

297

12

SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

296

10

TERCEIRO JOSE VIGO LAGE

286

8

CUARTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

252

7

QUINTO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

251

6

SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

247

5

SÉTIMO ALEX  MEITÍN SERANTES

247

4

OITAVO JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

243

3

NOVENO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

209

2

DÉCIMO FÉLIX MÉNDEZ GALDO

205

1

MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA

89

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

179

6

SEGUNDO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

148

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

148

3

CUARTO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

97

2

QUINTO DANIEL ALONSO LÓPEZ

92

1

MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

53

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

193

6

SEGUNDO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

165

4

TERCEIRO PAULA CAMPO SUÁREZ

158

3

CUARTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

144

2

QUINTO DOLORES BAÑO FRAGA

131

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

58

1

Exit mobile version