Site icon Crónica3.com A Mariña

Clemente Iglesias: “o acondicionamento dos camiños da zona de concentración parcelaria de Orrea- Galegos serán unha realidade gracias á Xunta de Galicia”

Riotorto, 26 de novembro de 2013.- O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias anunciou este martes que o proxecto de acondicionamento dos camiños da zona de concentración parcelaria de Orrea a Galegos serán unha realidade gracias ao Goberno Autonómico.

O popular puxo en valor que a Xunta de Galicia, concretamente a Consellería do Medio Rural e do Mar, financie ao 100% estas necesarias e demandadas obras, posto que suporán para os veciños unha gran mellora no tocante ao tránsito.

“O departamento de Rosa Quintana, destina a estas obras unha contía económica de 174.680,48 euros”- manifestou Iglesias, quen engadiu que estas labores de acondicionamento foron adxudicadas o 21 de agosto deste mesmo ano e que se levarán a cabo en tres anualidades.

Explicou o popular que estas obras consisten na roza mecanizada en marxes de camiños mediante desbrozadora de brazo acoplada; no refino e planeo da estrada coa correspondente limpeza de cunetas, con motoniveladora; no estendemento de zahorra artificial nos tramos afectados por arrastres para repoñer a rasante e compactación e na rega da humidade óptima.

O presidente dos populares resaltou a importancia destas obras e agradeceulle a titular de Medio Rural e Mar o seu apoio e compromiso con Riotorto e por facer posible o demandado polos veciños.

Exit mobile version