Site icon Crónica3.com A Mariña

Conde traslada á plantilla de Sargadelos o apoio da Xunta na busca de solucións que garantan a viabilidade do proxecto

Santiago, 28 de novembro de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantivo este xoves un encontro cos comités de empresa de Cerámica do Castro e Sargadelos, así como os alcaldes de Sada (A Coruña) e Cervo (Lugo) para coñecer de preto as súas inquedanzas e trasladarlles o apoio da Xunta ante a situación que están a vivir as empresas do grupo.

No encontro convocado pola Consellería, no que tamén participaron as delegadas da Xunta en Lugo e A Coruña, Raquel Arias e Belén do Campo, así como o director do Igape, Javier Aguilera, o conselleiro trasladoulle aos traballadores que o Goberno galego seguirá apoiando na medida das súas posibilidades a Sargadelos como unha empresa profundamente ligada á tradición galega.

Francisco Conde salientou ante os representantes dos traballadores e os alcaldes que o grupo é un importante patrimonio cultural e económico de Galicia. Por iso, subliñou que a Xunta está a traballar con todas as partes implicadas na busca de solucións que poidan garantir a súa viabilidade e o emprego nas dúas fábricas de Cervo e Sada.

Exit mobile version