Site icon Crónica3.com A Mariña

Conferencia sobre ‘Estados de feito’

Este xoves 28 de novembro ás 20.30 horas, na Casa das Letras, Roberto Mansilla ditará unha conferencia sobre “ESTADOS DE FEITO. Un tema tabú na política internacional” baixo a organización da Asociación cultural Francisco Lanza. Roberto Mansilla é analista e investigador no IGADI, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. O IGADI é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios. Así mesmo, na OMIC de Ribadeo está aberta ao público unha exposición referida a este mesmo tema.

Exit mobile version