Inaugurada o venres pola secretaria xeral dos populares, María Dolores de Cospedal e clausurada na mañá deste domingo polo presidente do goberno, Mariano Rajoy, o presidente provincial resaltou a importancia desta convención nacional na que se abordaron diversos temás da actualidade, tales como a educación, a conciencia social e o emprego.
Vega resaltou o compromiso do goberno de España cos máis novos e afirmou que Mariano Rajoy está traballando por e para os xóvenes, unha labor que se ve reflectida na posta en marcha de iniciativas como o destino de 1.800 millóns de euros para a creación de emprego xuvenil ou a Estratexia de Emprendemento e Emprego 2013-2016, unha medida que permitíu que preto de 102.000 mozos optasen a un posto de traballo.
Daniel Vega resaltou a importancia desta convención e o papel de Novas Xeracións na actualidade e na sociedade posto que son coordinadores e enlaces entre a xuventude e o partido.