Carmen Pereira Pérez, veciña de Cartelle (Ourense), recibirá este sábado o premio como gañadora da II edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañadora que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “De esmagar descalza”.
O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada “Nas dársenas de estio” da que é autor, Paulino Peña Álvarez de Ourense.
Jacobo Llamas Martínez, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Fame nas Vértebras”. Jacobo Lamas é de Lugo.
O acto desenvolverase segundo o seguinte programa:
12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta.
12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.
13.15 horas; Actuación de César Morán.