A Asociación de Mujeres en Igualdad Burela, participará o vindeiro luns 25, Día Contra a Violencia de Xénero, nos actos que organiza o Concello de Burela. Mujeres en Igualdad participará cunha mesa informativa sobre prevención e asesoramento sobre violencia de xénero que se situará fronte ao Concello de Burela. Ademais, membros da asociación distribuirán tres manuais editados por Mujeres en Igualdad: “Manual de prevención de la violencia de genero y buenas practicas”, orientado as mozas coma novas vítimas, “Manual de prevención del acoso por motivo de genero en el trabajo. Las mujeres como victimas – buenas practicas” e “Guía de corresponsabilidad”. Así mesmo a asociación repartirá ao longo do día, chapas conmemorativas con motivo da prevención da violencia de xénero. Dende a asociación convidan a participar nestas actividades, chamando especialmente á participación na charla informativa organizada polo Concello baixo o nome de “Mujer, que es el CIM?” que terá lugar no salón de plenos a partir das 19.00 horas.