Site icon Crónica3.com A Mariña

Ecosocialistas aposta por abrir unha nova etapa en AGE cunha maior participación da cidadanía

A Comisión Permanente de Espazo Ecosocialista ven de reunirse para definir a súa postura sobre a situación creada en AGE a raíz da dimisión do seu deputado no parlamento de Galicia pola circunscrición de Ourense.

Para Espazo Ecosocialista a situación de emerxencia social e de corrupción política que estase a dar require dun AGE forte que se preocupe das axendas da cidadanía. Nese senso aprobouse o apoio as mobilizacións que maña terán lugar convocadas pola Plataforma Nunca Máis e as mobilizacións pola defensa do sector naval en Ferrol.

Para ESPAZO a decisión que AGE tome ao respecto deste asunto debe ser decidida na Comisión de Coordinación de AGE e por acordo consensuado de tódalas partes sen esperar por isto contraprestacións de parte nin reequilibrios futuros e ten que ser coherente co expresado neste tempo e tendo en conta a perda de confianza política na persoa de Carmen Iglesias.

A Permanente de Espazo Ecosocialista esta convencida de que a solución que se adopte sexa a máis Acaída para o fortalecemento de AGE como proxecto político unitario da esquerda nacional e a superación dos erros e limitacións existidas ata o momento.

Asemade ESPAZO proporá á CCC de AGE traballar de xeito conxunto as propostas políticas sobre os orzamentos das principais cidades galegas como xa se esta a facer na cidade de A Coruña.

Asemade a Comisión Permanente de ESPAZO abordou aspectos preparativos da II Asemblea Nacional que celebrará en febreiro de 2014.

Exit mobile version