Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia e alcaldes lucenses entregan na Deputación as actas plenarias que censuran o plan de emprego provincial por “discriminatorio e excluínte”

candia e alcaldes - acordos plenarios - empregoLugo, 27 de novembro de 2013.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, e alcaldes lucenses fixéronlle chegar este mércores ao presidente da Deputación Provincial de Lugo as certificacións dos acordos plenarios celebrados en 41 municipios da provincia nas que censuran o plan de emprego da administración lucenses por “discriminatorio e excluínte”. A maiores, os populares na Deputación tamén rexistraron unha petición de solicitude de pleno extraordinario para que o bipartito rectifique o plan.

Estas actas plenarias patentan que 41 plenos municipais gobernados polo Partido Popular estableceron a unha soa voz que os lucenses non están dispostos a aceptar que se discrimine ou se exclúa aos parados en función do municipio de residencia e polos réditos electorais que se podan obter.

A celebración destes plenos extraordinarios “é un feito histórico”, froito da indignación dos veciños ante un plan de emprego que non garante a igualdade de oportunidades entre a poboación desempregada da provincia.

En concreto, nestes plenos os alcaldes, en defensa dos intereses dos seus veciños, esixiron que a administración provincial modificase as bases do plan de emprego e dotase a actual convocatoria do orzamento suficiente para que podan participar neste programa todos os concellos da provincia.

Solicitude de pleno extraordinario na Deputación
A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, xunto a deputados provinciais tamén rexistrou esta mañá unha petición de solicitude de pleno extraordinario na que insta a Deputación que atenda as peticións recollidas nestas actas plenarias e que modifique as bases “discriminatorias e excluíntes” que rexen este plan de emprego da Deputación.

A Deputación ten a obriga de garantir a igualdade de oportunidades entre os lucenses, e non se pode permitir que as bases desta convocatoria deixen fóra, sen opcións, nin sequera a participar, a 24.552 desempregados, case o 95% do total de provincia.

Un goberno provincial perpetrado na mentira
Os populares denuncian estar ante un goberno provincial perpetrado na mentira, que non pode seguir a xustificar a marxinación duns parados sobre outros, o que implica o “enérxico rexeitamento a este plan” recollido nas actas plenarias que “agardan que sexan atendidas polo presidente provincial xa que son a voz de máis destes 41 concellos.

Plan discriminatorio
Só 12 dos 67 concellos da provincia se inclúen neste plan de emprego, o que implica que só podan participar no plan de selección 9 de cada 10 desempregados lucenses. Deste xeito, as bases da convocatoria deixan fóra a 24.552 desempregados, case o 95% do total de provincia.

Do total de concellos que cumpren a puntuación mínima para participar no plan, un está gobernado polo PP (Quiroga) e o resto (11 concellos máis) teñen alcaldías do PSOE e do BNG, que se repartirán entre eles un orzamentos de dous millóns de euros.

Exit mobile version