Site icon Crónica3.com A Mariña

Emigrantes Retornados acusan ao alcalde de Barreiros de “falta de sensibilidade”

O Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña quere amosar o seu descontento coa alcaldía de Barreiros pola ausencia da moción en solidariedade cos xubilados da emigración sancionados por Facenda na orde do día do pleno municipal do día 25.

O devandito feito supón unha enorme falta de sensibilidade cara a un sector con grande presenza na sociedade galega e na mariñá en particular, os xubilados da emigración, máxime nestes momentos nos que están a sufrir un acoso abusivo por parte da Axencia Tributaria.

Soubemos da non inclusión da moción na orde do día cando o Grupo Municipal do BNG se dirixiu ao Colectivo para preguntar se o devandito texto fora remitido ao Concello de Barreiros, trala nosa resposta afirmativa e máis a nosa sorpresa, os concelleiros do BNG ofrecéronse a presentala por urxencia, única maneira de que a nosa moción sexa debatida no pleno do luns 25.
Agardamos que esta falta de apoio non se reproduza en ningún outro concello da comarca, onde até agora só recibimos apoios por parte das corporacións e grupos políticos.

Exit mobile version