Unhas ilustracións feitas por alumnos dos concellos que forman parte da entidade e que incluían mensaxes sobre o uso do galego, acompañadas do calendario escolar. Ademais, entregáronse carteis co deseño gañador, elaborado por un neno de Barreiros co slogan “O galego mola” e que serán colocados nos propios centros.
Durante a visita, a técnico do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, Mari Luz Pérez, explicoulle ao alumnado o motivo da visita, e faloulles da existencia do concurso animándoos a participar en vindeiras edicións así como da importancia de falar galego.
Unha iniciativa que se inclúe no programa de dinamización da Mancomunidade creado co obxectivo de promover o galego entre a mocidade a través de diversas actividades. Armada destacou que se trata “dunha forma moi positiva de implicar aos nenos e nenas no uso do galego” e lembrou que os asistentes aos Enredos de verán xa tiveran a oportunidade de participar en talleres da Mancomunidade como foi o caso da elaboración de bonecos con tapóns de cortiza.