Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista chama a mobilizarse no aniversario da vitoria electoral do PP

Espazo Ecosocialista apoia as mobilizacións que desde as diversas mareas de afectados polos recortes e polas centrais sindicais vanse celebrar este 23 de novembro.

Son dous anos de recortes sociais impulsados pola troica e levados adiante durante estes dous anos polo goberno do Partido Popular.

Diante diso e ante a contestación cidadá agora ameázanos cun recorte de liberdades sen precedentes co cal se pretende ao sufrimento sumarlle represión.

Espazo Ecosocialista, apoia as mobilizacións postas en marcha por todas as mareas e lamentamos a inactividade da Alianza Social Galega e facemos un chamamento as organizacións que a compoñen a que a reactiven urxentemente para que sexa, como foi, o espazo unitario de mobilizacións máis amplo que houbo en Galicia.

Fronte á dereita política, os oligopolios e a Troica, necesitamos unidade, temos propostas, Hai Alternativa!

Mobilizacións 23N:

 – A Coruña 12:00 da Praza da Palloza ao Obelisco
 – Ferrol 12:00 da Praza de España á Praza de Armas
 – Santiago de Compostela12:00 da Alameda á Praza das Praterías
 – Lugo 12:30 da Ronda da Muralla á praza de Armañá
 – Burela 12:30 da Praza Mariña ao INEM
 – Ourense 12:00 do Pavillón de Deporte “Os Remedios” á Subdelegación do Goberno
 – Pontevedra 12:00 da Praza Ferrería a Subdelegación do Goberno
 – Vilagarcía de Arousa 12:00 da Avenida da Mariña á Praza da Ravella
 – Vigo 11:30 da Vía Norte (Cruce Urzaiz) a Montero Ríos (Xunta Galicia)

Exit mobile version