No ano 1749 o focego Pascual Villapol, emigrado en Perú, remesou os cartos precisos para adquirir os terreos necesarios e construir unha escola para rapaces. Creou unha fundación dotada cos medios económicos para o sostemento da mesma e do mestre titular, mesmo dando as instruccións oportunas de cómo o centro deberia funcionar: materias a impartir, disciplina, horarios de verán e inverno, etc. Trátase dun pioneiro da ensinanza na vila A escola foi a chamada “de Fondós”, pola ubicación, hai 50 anos transformada na que sexa acaso a mais fermosa Gardería Infantil do norte de Galicia, que garda unha apaixoada e singular historia; acaso as páxinas de maior interese do pasado do pobo que convidamos a ler no magnifico libro de Antón Niñe, que tivemos a honra de prologar. Pois ben, nunca persoeiro tal foi siquera lembrado polas distintas corporacións locais, gobernos nen oposicións.
Pasaron moitos anos dende que o cronista pedira que unha das catro rúas que confluen no caserón de Fondós fose nomeada como Pascual Villapol, homenaxe mínima a tan xeneroso benfeitor cultural, en tempos de analfabetismo maioritario, e de toda carencia, Mais tarde os nosos políticos, exprimindo os miolos, deron co personaxe axeitado para unha rúa focega: Mijael Gorvachov. Pascual Villapol é víctima do esquecemento, para vergoña dun pobo.
Suso Fernández