Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado haberá concerto de corais en Burela e o domingo teatro para toda a familia

Burela, 21 de novembro de 2013. A Casa da Cultura acollerá o sábado, 23 de novembro, o Concerto de Corais a partires das 20 horas. As protagonistas do evento son a Coral do CIT de San Cibrao e Cantar Delas, un grupo coral de voces brancas de Lugo.

A concelleira de Cultura, Mónica Pedre, anima “á xente a achegarse a disfrutar desta cita, na que os asistentes disfrutarán de temas de Haendel, de Stephen C.Foster, de Giuseppe Baini ou de Alfonso X, entre outros. Será nas voces destas dúas corais”.

O Concerto de Corais está organizado pola Concellería de Cultura de Burela.

E o domingo, 24 de novembro, os nenos e as nenas teñen unha cita co teatro a partires das 18 horas, tamén na Casa da Cultura. O grupo Hipócrita porá en escena a obra Unha historia con pau, destinada ao público infantil e familiar. A entrada será libre. A representación está organizada pola Concellería de Cultura de Burela e pola Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro do programa Buxiganga.

Unha historia con pau retrocede no tempo para mostrar o máxico encanto do pau dunha vasoira, un pau que pode ser un cabalo, unha espada, unha frauta… mesmo unha buxaina. Trátase dunha homenaxe ás mentes emprendedoras, aos nenos e nenas de 3 a 100 anos (ou máis) que manteñen a habilidade de tecer os seus soños cos fíos da perseveranza.

Exit mobile version