Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres terá lugar a partir das once da noite o segundo Campañazo do mes de novembro en Foz

jbingo 1 005Esta noite terá lugar a partires das once o segundo Campañazo do mes de novembro, que organiza ACIA Foz e no que se porán en xogo outros 600 euros en vales de compra, 300 para o primeiro que cante o bingo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. En total participan nesta nova edición do Campañazo preto de 60 establecementos comerciais e hostaleiros de Foz. Socorro foi a primeira afortunada o pasado venres. Cantou o Campañazo na pizzería Xoiña e levou 300 euros en vales de compra, que lle entregaron onte pola noite nese local o seu responsable e membros da directiva de ACIA Foz. Outras seis persoas resultadon agraciadas con 50 euros en vales de compra cada unha en A Rula, Xoyma, A Maseira, Happy Days, Tangarte e Oíche.

Exit mobile version