Site icon Crónica3.com A Mariña

Euskalgym: antesala das Porta Norte para o campionato de España

As ximnastas dos equipos Infantil e Benxamín da escola mariñá Porta Norte participaron esta fin de semana no Torneo Euskalgym de Bilbao. Un total de 11 alumnas tiveron a oportunidade de participar na devandita cita de recoñecido prestixio nacional e internacional, como experiencia previa á competición do Campionato de España, para a que ambos os equipos se clasificaron o pasado 13 de outubro na fase galega.

Tiveron o privilexio de saltar ao enganalado tapiz de Euskalgym as infantís Marta Lestao, Claudia Díaz, Ana Rico, María Basanta, Elvira Luna e Sara Galdo, xunto ás benxamins María Lestao, Lin Vizoso, Carla e Daniela Enríquez e Elisa Fraga.

As representantes de Porta Norte tamén puideron gozar dunha gala internacional, coa presenza da actual campioa de Europa e do Mundo, Yanna Kundraitseva.

Exit mobile version