Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición ‘Estados de feito. Un tema tabú na política internacional’

arxeliaQue teñen en común, por exemplo, Abxasia, Cosova, Nagorno Karabaj, Osetia do Sur, Palestina, Puntlandia, a República Pridnestroviana de Transnistria, a República Turca do Norte de Chipre, Sáhara Occidental, Somalilandia e Taiwán? A Agrupación Cultural Francisco Lanza convida con esta exposición a un achegamento á situación actual de certas nacións sen estado e contará a semana que vén co relatorio de Roberto Mansilla, analista e investigador no IGADI. Na sala da OMIC, do 19 de novembro ao 1 de decembro. E, por outra banda, tamén a A.C. Francisco Lanza ten esta semana a reunión mensual do seu club de lectura. Falamos de Eu matei de melancolía o pirata Francis Drake co seu autor, Gonzalo Moure. Na Casa das Letras o xoves 21 ás 20.30 h.

Exit mobile version