Site icon Crónica3.com A Mariña

Extenuante percorrido do CD Burela FS Pescados Rubén ata Melilla na procura de oitavos

Vinte e cinco longas e esgotadoras horas terá que percorrer o CD Burela FS Pescados Rubén antes de saltar á pista do seu rival nos dezaseisavos da Copa do Rei, o Melilla FS, sétimo clasificado de Segunda División. O pavillón Javier Imbroda acollerá a cita ás 21.00 horas.

Coincidindo coa xornada de descanso burelista en liga, este será o único compromiso da semana para os laranxas, que partiron de terras galegas este luns ás 7.00 horas e chegarán ao seu destino este martes ás 8.00 horas.

Juanlu non poderá contar nin con Álex, que sufriu un golpe no xeonllo esquerdo o sábado ante Montesinos, nin Christian, que arrastra unha contractura de isquiotibiais; entra na convocatoria o meta Brais.

Exit mobile version