Nun ambiente distendido, o conferenciante dividiu en dúas partes ben diferenciadas a charla, comezando pala temática directamente relacionada coas ‘falsas evidencias’ anteditas, pasando a continuación a achegar a crise, as súas causas, efectos e particularidades á nosa terra. Así, por exemplo, destaclou a influenza que ten na crise en Galiza a diferenza de tecido económico en relación a Cataluña ou o País Vasco. Influenza tanto na entrada da crise como no seu desenvolvemento e na súa saída.
Ademáis, non podía deixar de situar os conceptos, o seu significado e precepción nun contexto español no que se está a falar de saída da crise con máis dunha persoa de cada catro en paro. Algo difícil de comprender se non se ten en conta o diferente significado de crise que se manexa, que representa diferente para certa élite do que representa para a grande maioría da xente.
Máis aínda que nas charlas anteriores, o turno de intervencións do público tivo que ser cortado debido ó avanzado da hora, quedando sobre a mesa moitas preguntas, respostas, exemplos e aclaracións sobre un fenómeno, o da crise, que é multifacético e engañoso, como se ten amosado no conxunto do ciclo.
Ó finalizar, fóille entregado un diploma e un pequeno agasallo ós conferenciantes, entre un cerrado aplauso dos asistentes.
A AVV agradeceu ós ponentes e ós asistentes a súa participación, e cerra esta actividade coa satisfacción de ter brindado a toda canta persoa se quixo achegar un foro aberto de contraste de ideas e coñecemento sobre unha temática crucial nos tempos actuais.
A asociación, para quen non teña podido asistir e esteña interesado, seguirá a cargar en internet os audios das charlas, exceptuando o desta última por un problema técnico.