Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz: 70 anos do PXOM

O tema que concita o interese dos veciños de Foz é o referido ó planeamento do territorio municipal, asunto que reclama a atención e seguimento, no que se atopan inmersos unha parte da veciñanza e sobremaneira os chamados “representantes políticos” dos cidadáns; actitudes de veciños e políticos que non sorprenden pois falamos das que poideran ser importantes decisións de futuro, Aquéles, pola inquedanza da hipotética modificación ou alteración das posibilidades de uso e polo tanto, do valor engadido ou menguado das respectivas propiedades; e os outros porque a consideran oportunidade axeitada para amosar ó censo electoral que son eles, e non “os outros”, os que loitan polos intereses veciñais e que as propostas de cada quen, se son aceptadas, serán as que salven as “desfeitas” ,,, ,dos demais. Suponse que sexan estas, coma sempre, as razóns que activan os colectivos.O planeamento foi sempre peliagudo e os responsabeis – os respectivos gobernos e oposicións — ineptos para arranxalo. Esa é,.cando menos, a longa experiencia. O cronista, vello na praza, xa non lembra cántos “intentos” van dende a súa infancia.. No caótico arquivo garda un documento do ano 1942 – hai 70 anos!-que, sequera, barruntaban os posibles dun urbanismo mais racional e sensato pois o escrito dí: “ ..se está llevando a cabo el plano de población de la villa y los alrededores de Foz, que, por su excelente posición topográfica, pueden hacerse ensanches y nuevos barrios que vayan marcando el progreso ,,,,” ; pero salta á vjsta que a hlstoria non foi propicia: dende entón, mais que ensanches fixéronse“estreiteces” acorde con intelectos tan cativos, Aquela sociedade co 20% de analfabetos, sequera barruntaba os posibles de futuro urbanístico,,, pero os que viñeron atrás, (anos 40 ata hoxe, a era Internet ), masacraron o verxel: mentes anquilosadas que deberían ter evolucionado, e non ser artífices da barbarie que nos distingue co feísmo mais procaz!,,,. ¿Qué dirían no 2013 os do 42 ?. ….¿Plan habemus ou dentro de outros tantos alguen lembrará a nova oportunidade perdida…? ¡Qué plan, señor…!

Suso Fernández

Exit mobile version