Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaia realiza esta semana talleres de reciclaxe para @s alumn@s de 2º de ESO do IES Perdouro

gaia-talleresBurela, 26 de novembro de 2013. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia realizan ao longo desta semana talleres de reciclaxe: elaboración de xabrón (a partir de aceite usado) e reciclaxe de papel (con xornais usados) para os alumnos de 2º de ESO do IES Perdouro.

Segundo explican desde Gaia e desde a Concellería de Medio Ambiente “o taller de elaboración de xabrón consiste nunha parte teórica (presentación en power point sobre a contaminación do aceite e a importancia de reciclalo) e posteriormente unha parte práctica (realización de xabrón dunha forma fácil e económica tal e como facían as nosas avoas).

As monitoras de Gaia sinalan que “tendo en conta que é un bo método para reutilizar o aceite usado que sobra nas cociñas dos nosos fogares e evitar que sexa vertido polo fregadeiro e vaia a parar ao mar onde impida a osixenación e a morte de peixes e plantas”. E recalcaron que “facendo xabrón con aceite usado contribuímos a coidar o medio ambiente e damos unha segunda vida a esta materia e que outra forma de reciclar o aceite doméstico é depositalo nos colectores de aceite nun envase que non sexa de vidro”.

Sobre a reciclaxe de papel desde Gaia contan que “na parte teórica trataremos a importancia de usar papel reciclado para evitar a tala de árbores. Temos que ter en conta que nun ano consúmense no mundo uns 300 millóns de toneladas de papel e cartón e debemos saber que cada tonelada de papel que se recicla aforra talar doce árbores, reduce o consumo de enerxía, de auga e diminúe a contaminación. E na parte práctica realizaremos un taller de reciclaxe a partir de xornais usados para posteriormente elaborar marcapáxinas”.

Exit mobile version