Site icon Crónica3.com A Mariña

Gato Pardo imponse ao Temple e lidera a Liga de Veteranos de fútbol sala de Viveiro

Gato Pardo lidera a clasificación da Liga de Veteranos de fútbol sala de Viveiro tras gañar por 2-11 ao Temple na cuarta xornada ligueira. Empatados a 12 puntos atópanse tamén O Mesón e O Recuncho tras gañar os respectivos últimos partidos fronte ao Soho (1-3) e Punto Galego (3-5).

O resto dos partidos da xornada saldáronse coas vitorias de A Curva fronte ao Forum (4-3); Cofipesca fronte a Óscar Joyeros, que perde o liderato (1-3); A Fonte fronte a Lodeiro (0-2) e Os Arcos fronte ao Flanagans (3-5).

Lodeiro, Os Arcos, Soho e Temple, continúan pois sen puntuar.

Na vindeira xornada, celebraranse os partidos:

Flanagans – Temple: luns 11 ás 20.30 horas.
O Recuncho – Os Arcos: luns 11 ás 21.15 horas.
O Mesón – Punto Galego: luns 11 ás 22.00 horas.
A Curva – Lodeiro: xoves 14 de novembro ás 20.30 horas.
A Fonte – Soho: xoves 14 de novembro ás 21.15 horas.
Gato Pardo – Óscar Joyeros: xoves 14 de novembro ás 22.00 horas.
Forum – Cofipesca: xoves 14 de novembro ás 22.45 horas.

Exit mobile version