Site icon Crónica3.com A Mariña

Goleada do Viveiro FSF na cancha do colista por 0-9

O Viveiro FSF desprazouse na tarde do domingo a Sarria para xogar diante do colista da categoría o partido correspondente a sexta xornada de liga.

O rival amosou o porque da súa da situación na taboa clasificatoria e apenas inquietou a un Viveiro que na primeira parte xa mandaba por un contundente 0-7 no marcardor.

A escasa entidade do rival, e o estado esbaradío da pista de xogo, fixo que despois dos primeiros minutos e da clara ventaxa acadada, as xogadoras viveirenses baixasen a súa intensidade e a goleada non fose a maiores.

O partido sirveu para que debutara na portería do Viveiro Nerea Abad, porteira en idade infantil, que disputou toda a segunda metade do encontro e resolveu con moita solvencia as poucas chegadas das rivais, amosando que é unha porteira con moito futuro e que xunto con Iria, tamén porteira en idade infantil, que xa debutou tamén co primeiro equipo, garantizan o futuro da portería viveirense e serán básicas no equipo infantil e cadete do club.

O vindeiro sábado 30 o Viveiro recibe ao Pastoriza, nun encontro clave para seguir loitando polos primeiros postos da clasificación, máis tendo en conta co seguinte desprazamento será á cancha do Quiroga, actual líder da categoría.

Sarria FSF 0 – Viveiro FSF 9
Sarria.: Ana, Diana, Lorena, María Jose, Natalia. Tamén Xogaron.: Marta, Ivonne, Ainara, Noelia, Ana Belen, María e Lucia.

Viveiro.: Diandra, Xiana, Nerea, Marta, Andrea. Tamén xogaron.: Raquel, Lis, María, Mery, Lorena, Roxanna e Nerea Abad.

Goles.: Nerea (2), Lis (2), Lorena (2), Andrea, Xiana e Mery

Exit mobile version