Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia asegura que a situación no servizo de pediatría do centro de saúde está normalizada

Burela, 20 de novembro de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que a situación no servizo de pediatría do centro de saúde de Burela está normalizada. Deste xeito se refería á denuncia feita polo BNG sobre a falla de atención pediátrica en dito centro: “teño que dicir que efectivamente se deu un caso puntual, ata certo punto desgraciado, este luns, pero onte mesmo esa situación xa estaba corregida”.

González Barcia explicou que “como alcalde fixen as xestións oportunas e me preocupei por coñecer cal é o estado da situación e polas solucións que se están aplicar. Falei tanto coa dirección do centro de saúde coma coa dirección do Hospital da Costa”. O alcalde burelés relatou que “o que se deu o pasado luns foi unha fatal coincidencia. Un facultativo pediu uns días de vacacións, se ausentou e ese mesmo luns tivo que ausentarte por unha causa familiar moi grave, por desgracia, o outro facultativo que quedaba atendendo a todo o censo pediátrico que hai en Burela. Esa situación tan anómala non se produce habitualmente, de todas formas correxíuse onte e agora mesmo hai un facultativo pediátrico que está a atender a todos os nenos, non hai problemas, os están a atender de 8 a 15 horas, igual non coa mesma celeridade que si houbese dous médicos, pero non hai ningunha falla de asistencia e de atención médica aos nenos”.

Para José Mª González Barcia “o que di o BNG, polo tanto, haberá que poñelo bastante en cuarentena. Tampouco é certo que sexa unha mostra máis da falla de atención médica aos nenos no centro de saúde de Burela, máxime cando desde hai uns anos este centro conta con dous pediatras. É certo que se ten dado unha situación puntual o pasado luns, pero que se correxíu automáticamente e dun xeito bastante rápido onte mesmo. Unha situación persoal moi grave se pode dar en calquera momento e o lóxico é que a persoa se ausente por ese motivo”.

O rexedor insiste en que “non hai falla de asistencia médica, e agora mesmo a situación está normalizada. Desde a propia dirección do centro de saúde me confirmaron que, ata hai un momento, non se teñen recibido queixas de pais e nais dos nenos que son atendidos no centro de saúde de Burela”. E pedíulle ao BNG que “sexa moi cauto coas informacións que da, que actúe con prudencia e que cando faga unha denuncia a plantexe con rigor e seriedade e non para alarmar á poboación”.

Exit mobile version