Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe a Aleixo

181113 Foto surf BurelaO alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e membros do seu equipo de goberno participaron o pasado sábado na homenaxe tributada a Aleixo, un surfista burelés que morreu hai sete anos. O rexedor destacou a súa bonhomía. O acto celebrouse na praia de A Marosa, dentro dunha proba de surf puntuable para o campionato galego. O alcalde e as concelleiras de Mar e Deportes, Patricia López e Beatriz Piñeiro, entregaron os premios aos gañadores nas distintas categorías. González Barcia comentou cos representantes da Federación Galega de Surf a posibilidade de que Burela sexa sede permanente dunha proba do campionato galego deste deporte, do que xa houbo probas na praia da Marosa hai uns quince anos.

Exit mobile version