Site icon Crónica3.com A Mariña

I Mercado Extraordinario en Mondoñedo

Mondoñedo acollerá o primeiro Mercado Extraordinario na tarde deste sábado e na xornada do domingo coincidindo co Concurso de Tapas. Así, os asistentes ó Concurso de Tapas poderán completar a oferta de ocio con este primeiro Mercado Extraordinario no que participarán 25 expositores mindonienses na súa maioría. Haberá colchonetas gratuítas para os máis pequenos e cafetería con mesas para descansar; pero, ademais, sortearase unha noite nunha casa de turismo rural e outra con sesións de fisioterapia. Este primeiro Mercado Extraordinario levarase a cabo no pavillón municipal situado xunto as piscinas e o actual cuartel da Garda Civil, onde hai unha ampla zona de aparcamento.

Exit mobile version