Site icon Crónica3.com A Mariña

Industria financia con 850.000 euros actuacións para a mellora da competitividade de 11 parques empresariais da provincia

Lugo, 20 de novembro de 2013.- A Consellería de Economía e Industria financia con 850.000 euros (849.608 euros) proxectos de habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais da provincia galego.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, significou que as axudas que veñen de darse a coñecer que esta liña de apoio enmárcase “no labor de colaboración que está a desenvolver o departamento autonómico coas administracións locais para contribuír á mellora da competitividade dos parques empresarias de Lugo”.

Así, por exemplo, segundo indicou a delegada, a través destas achegas “contribúese á eficiencia enerxética coa substitución de luminarias, incorpóranse novas cámaras ao sistema de seguridade, mellórase a xestión de residuos e modernízanse vías de acceso e comunicación dos polígonos”.

Arias resaltou a importancia desta liña de colaboración cos concellos que impulsa este ano actuacións en 11 parques empresarias de distintos concellos da provincia de Lugo, xerando postos de traballo e incrementando a competividade do tecido empresarial da provincia. “Deste xeito, colaboramos cos municipios lucenses, facilitando a realización de distintas iniciativas mediante o investimento mobilizado pola Xunta”, expuxo.

Impulso na provincia lucense
Con estas axudas dase un novo impulso ás administracións locais, con apoios que, para os proxectos individuais, alcanzan ata os 120.000 euros, e que se ven incrementados nun 15% nos casos de consorcios de 2 e 3 municipios.

Unhas cantidades que, como é o caso de Palas de Rei, increméntase nun 5% para os municipios beneficiados polo Plan Impulsa Lugo, como no resto de Galicia sucede cos Plans Impulsa Ourense, Ferrol e Costa da Morte.

Neste sentido, e como sinalou Arias, “preto da terceira parte do medio cento de concellos beneficiados por estas axudas en Galicia encádranse na provincia de Lugo”. Así mesmo, Arias recordou que, para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida.

CONCELLO

   PROXECTO

AXUDA

Cervo Pavimentación de acceso ao polígono 18.958,44
Chantada EDAR no polígono industrial Os Acivros 87.281,59
O Corgo Creación dunha nova vía de acceso norte 101.595,37
O Corgo Instalación de aforro e eficiencia enerxética mediante enerxía solar fotovoltaica 40.922,24
Lourenzá Sistemas de seguranza e vixilancia 25.500,00
Lugo Vías de acceso a parques empresariais 119.265,94
Meira Substitución de tubaxe de saneamento na rúa Rego de San Vicente 63.295,96
Monforte de Lemos Sistema de vixilancia de verteduras e aumento do caudal evacuado pola rede de sumidoiros 105.429,88
Palas de Rei Sistema de videovixilancia no P.I. de Palas de Rei 24.504,52
Palas de Rei Xestión de residuos no P.I. de Palas de Rei 11.780,44
Palas de Rei Aforro enerxético no P.I. de Palas de Rei 11.883,25
Sarria Aforro enerxético mediante sistema intelixente de iluminación no polígono de San Xulián 9.486,15
Sarria Proxecto de aforro enerxético mediante sistema intelixente de iluminación con tecnoloxía led en Morelle 17.454,44
Taboada Vías de acceso a parques empresariais 63.121,41
Vilalba Xeración enerxías renovables (fotovoltaica) 47.209,43
Vilalba Deshidratación de lamas e desinfección de augas residuais 101.916,02
Exit mobile version