Site icon Crónica3.com A Mariña

José Rafael González recupera o liderato no terzo do Campionato de Bolos de Xove

Tarde con boa temperatura, campo en bastante mal estado debido ás fortes choivas producidas durante o día. Xa vai un tercio do campionato, 6 tiradas de 18 totais.

Liga Senior Masculina
Segunda victoria consecutiva de Alex Meitín, que con 42 puntos pasa da 5ª á 3ª posición, por detrais de José Rafael González, que con 46 puntos recupera o liderato, e de Francisco Pérez González, que con 44 puntos ocupa a segunda posición. De tódolos xeitos apreciamos unha gran igualdade na cabeza da táboa, xa que por detrais temos a José Manuel Cociña, quen nunha tarde aciaga non conseguiu nin siquer puntuar, o que lle costou o liderato, e a Jaime Álvarez, quen pasiño a pasiño vaise mantendo nos postos de cabeza. Máis atrais temos a xogadores como Sócrates Campo e Cristian Rodríguez, quen seguramente irán escalando posicións segundo vaia avanzando a competición.

Liga Senior Feminina
Pequeño pinchazo da líder Dolores Baño, que mantén o liderato con 29 puntos grazas a renda que levaba. Non desaproveitou a ocasión Belén Meitín, que coa súa victoria e mellor bolada reforza o subliderato e ten a tiro moi preto a cabeza. Dolores e Belén están a xogar un campionato aparte, xa que as terceiras clasificadas, posto que comparten Paula Campo e Salomé Bermúdez con 13 puntos, están moi alexados dos primeiros postos. En moi baixa forma está Concepción Piñeiro, que está a render por baixo das súas posibilidades reais; tamén unha das favoritas, a priori, como é Marta Álvarez, non lle acaba de coller o punto á competición, fallando moitísimo nos desquites, e impedíndolle acadar mellores resultados.

Liga Sub 18
Igualadísima está tamén esta categoría, cos tres principais favoritos nun auténtico pano, con tres escasos puntos de diferenza. A pesares da superioridade demostrada por Salomé, Daniel López e Isaias, que levan varios anos na categoría, inda non conseguiron despegar de todo a Daniel Alonso e Miguel López, xogadores catro anos máis novos e que están a aguantar o tipo moi ben.

A vindeira tirada, a 7ª, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, O VINDEIRO SÁBADO, 16 DE NOVEMBRO DE 2013.

CAMPIONATO DE BOLOS DO CENTRO SOCIAL DE A VARA   (9 NOVEMBRO 2013)

  31  INSCRITOS: 16  NA LIGA SENIOR,     8 NA LIGA SUB 18   E    7   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                             NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ALEX MEITÍN SERANTES

278

12

SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

244

10

TERCEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

240

8

CUARTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

239

7

QUINTO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

229

6

SEXTO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN

223

5

SÉTIMO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

222

4

OITAVO JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

205

3

NOVENO JORDI MEITÍN SERANTES

185

2

DÉCIMO JOSE VIGO LAGE

183

1

MELLOR BOLADA ALEX MEITÍN SERANTES

76

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

137

6

SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RORÍGUEZ

128

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

106

3

CUARTO DANIEL ALONSO LÓPEZ

95

2

QUINTO LAURA IGLESIAS MARIÑO

80

1

MELLOR BOLADA ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

56

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO BELE´N MEITÍN ROUCO

98

6

SEGUNDO MARTA  ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

77

4

TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

77

3

CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA

42

2

QUINTO PAULA CAMPO SUÁREZ

40

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

49

1

Exit mobile version