Site icon Crónica3.com A Mariña

Lidia Mesías e Peque defenderán a España no campionato do mundo (13-21 decembro)

Tan só catro días despois do regreso da Vermella dos Azores, o CD Burela FS Pescados Rubén recibiu a convocatoria da Selección de España destinada a Lidia Mesías e Peque para participar no IV Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino, que se disputará en terras españolas, en Alcázar de San Juan e Cidade Real entre o 13 e o 21 de decembro.

As xogadoras laranxas, que xa tiveron a oportunidade de prepararse co combinado de Venancio López nun par de ocasións esta tempada, terán o premio de defender a España. Mentres que para Lidia Mesías este será o seu primeiro compromiso mundial, a laranxa Peque repetirá experiencia tras la edición de 2012, en Portugal.

A Cidade das Rozas acollerá a concentración previa da selección dende o 1 de decembro. Completan a convocatoria:

Porteiras:
Vanesa Barberá Martínez “VANE” PONTE OURENSE

Belén De Uña Marzo “BELÉN” AT. MADRID NAVALCARNERO

Jennifer Pedro De Blas “JENNY” AT. MADRID NAVALCARNERO

Peches:
Patricia Chamorro González “CHAMORRO” FSF MÓSTOLES

Isabel García Carrión “ISA GARCIA” AD ALCORCÓN FSF

Lucía Nespereira Gómez “LUCÍA” VIAXES AMARELLE F.S.

Alas:
Leticia Sánchez Martín “LETI” AT. MADRID NAVALCARNERO

Ana Sevilla Luján “ANA LUJÁN” AT. MADRID NAVALCARNERO

Berta Velasco Casals “BERTA” F. S. GIRONELLA

Amparo Jiménez López “AMPARO” ASD TERNANA FUTSAL (ITALIA)

Cecilia Puga Tejero “CECI” POIO PESCAMAR F.S.

Pívots:
Natalia Flores Sanz “NATALIA” AT. MADRID NAVALCARNERO

Exit mobile version