Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá e Burela por Villanueva de Oscos

oscosEste sábado as asociacións de sendeirismo Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras de Burela realizaron conxuntamente a ruta “Senda Verde do Agüeira” no concello asturiano de Villanueva de Oscos. Participaron un total de sesenta senderistas que percorreron esta fermosa ruta dos Oscos que combina uns espectaculares bosques autóctonos, perfectamente conservados, con arquitectura popular da zona. A pesar de que a climatoloxía non acompañou en absoluto, xa que choveu case todo o percorrido, os de Lourenzá e os de Burela pensan repetir a experiencia, dado que o día serviu para reforzar lazos entre os compoñentes de ambas asociacións.

Exit mobile version