Site icon Crónica3.com A Mariña

Magosto no Mercado do Souto do pavillón do CEIP de Cervo

Nova cita no MERCADO DO SOUTO o domingo 24 de novembro a partir das 10.00 horas que, dende este día, volta ó pavillón do CEIP de Cervo coa celebración dun gran MAGOSTO. O Mercado realizarase dende agora neste pavillón pechado por acordo entre os postos d@s participantes e a organización do propio Mercado ata que o tempo permita que volte a realizarse na Praza do Souto. Trátase dunha iniciativa da Asociación C. Airiños do Xunco de Cervo e da Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta de caracter comarcal, co obxectivo fundamental de poñer en contacto a productores e consumidores poñendo en valor a produción e o consumo de produtos órganicos e naturais, da nosa zona e ten lugar os 2º e 4º domingos de cada mes entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Exit mobile version