Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 100 alumn@s do Gregorio Sanz asistirán á proxección de ‘El corazón del roble’, dentro do proxecto Cinensino

Ribadeo, 14 de novembro de 2013. Este venres, ás 11 da mañá no Cine Teatro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EPO do Gregorio Sanz asistirán á proxección da primeira película do proxecto Cinensino, que coordina a responsable do programa de prevención de drogodependencias e outros trastornos adictivos do Concello de Ribadeo, Mónica Fernández Lamparte.

En total asistirán 105 nenos e nenas, varios profesores e outro persoal do centro educativo. A película que se proxectará é El corazón de roble, un filme de animación de xénero fantástico dirixida por Angel Ricardo Ramón.

Fernández Lamparte lembra que “Cinensino é un programa de educación en valores a través do cine. Durante o presente curso escolar visionaremos 3 películas e traballarémolas na aula con unidades didácticas deseñadas para iso”.

Exit mobile version