Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 100 matrículas en Academia A Mariña de Burela para a preparación e obtención do Graduado en ESO

Burela, 5 de novembro de 2013. Máis de 100 alumnos/as están matriculados en Academia A Mariña para a preparación e obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Academia A Mariña leva semanas preparando esta estratexia de emprego ofertando becas para a preparación e obtención do título de Graduado en ESO. Ramón Hermida, o director do centro, lembra que “está destinada a xóvenes maiores de 17 anos que poderán recibir o ensino vía on-line desde calquera punto de España”.

Segundo explica Ramón Hermida “estas medidas son conducentes a reducir o fracaso escolar facilitando o acceso á formación básica e aportándolles estratexias para mellorar o coñecemento de idiomas e o manexo de ferramentas tecnolóxicas, así como outras vías dedicadas a orientar e preparar ós xóvenes en relación ó seu futuro laboral. E nesta liña vai a campaña que iniciamos neste momento, de facilitar, de xeito totalmente gratuito, a preparación para que xóvenes maiores de 17 anos e de calquera punto da xeografía española obteñan o título de Graduado en ESO”.

Hermida engade que “as modalidades que ofertaremos serán on-line, a través da nosa plataforma educativa, a distancia e presencial nas nosas instalacións de Burela. A formación presencial impartirase para xente que viva cerca e poda desprazarse á academia. A formación será seguida por un equipo de titores con formación acorde a calquera área, así como no manexo das novas tecnoloxías tales como o emprego de vídeos tutoriais, vídeo conferencias, chats, foros, correos electrónicos, etc.”

A iniciativa de Academia A Mariña está a ter unha moi boa acollida entre o segmento de poboación ó que vai dirixida: “os nosos xóvenes deben ter moi presente que o Graduado en ESO é o pasaporte para o emprego. Cando alguén vai buscar traballo deben levar algún título debaixo do brazo. Non acudir con nada complica moito as cousas”.

Calquera persoa interesada en completar a súa formación pode dirixirse ó 982 58 50 98, teléfono de Academia A Mariña desde o que lle ofertarán toda a información que precise ó respecto desta estratexia educativa.

Exit mobile version