Site icon Crónica3.com A Mariña

Marina Mayoral asinou libros en Foz

marina-mayoral-fozCharla coloquio e presentación do libro de Marina Mayoral “O anxo de Eva” no Salón de actos da Casa da Cultura, organizado pola Biblioteca Pública Municipal. Entretida, amena presentación, e de máxima actualidade, que incide en problemáticas actuais dos rapaces, no referido ao sexo, as novas tecnoloxías, o acoso e violencia de xénero. Acompañouna na presentación o Concelleiro de Cultural José Angel Paleo que lle deu as grazas por vir a Foz a esta presentación e convidouna a que o siga a facer co seu novo libro que xa está a preparar. Ao final do acto tivo lugar a sinatura de libros.

Exit mobile version